Clube Nautico Cobres

Nuevo Producto de turismo rural en Terras de Pontevedra "Terras do Camiño de Santiago"

Dende o Plan de Dinamización de Produto Turístico de Terras de Pontevedra que xerencia a Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, comezamos a desenvolver un novo produto de turismo rural no noso territorio aproveitando o actual Ano Xacobeo 2010.

Quixemos especializar a nosa oferta ofrecendo novos servizos ao peregrino que atravesa o territorio de Terras de Pontevedra percorrendo o Camiño de Santiago portugués.

Unímonos empresas de servizos de aloxamento rural, restauración e empresas de lecer e actividades deportivas para ofrecer aos peregrinos que así o consideren, a oportunidade de utilizar os nosos servizos especializados e enfocados cara a eles de maneira directa.

Entre a nosa oferta especializada poderedes atopar servizos como o de recollida de peregrinos no punto final da etapa diaria e disposición ao día seguinte no punto de inicio dunha nova etapa, a posibilidade de gozar de servizos determinados como menús do peregrino, picnics , botiquín especializado, Kits enerxéticos, kits de coidado de pés, servizo de información meteorolóxica e actividades especializadas como rutas ou tramos dacabalo, paseos en barco pola Enseada de San Simón e outras actividades náuticas similares.

O traballo coordinado entre os establecementos permite que o peregrino poida elixir as actuacións que queira, mediante a elección individualizada dos mesmos, creando a súa propia axenda de actuacións e servizos. Cada establecemento ten a súa oferta especializada compatible coas actuacións dos demais establecementos participantes.

Para a consulta e contratación dos servizos prestados consultar cos establecementos.

As empresas colaboradoras no produto de turismo rural "Terras do Camiño de Santiago" son:

Aloxamentos rurais:

Nome
Web
Email
Teléfono
Casa rural A Rega
www.casaruralarega.com
reservas@casaruralarega.com
986771242
Casa rural Os Areeiros
www.osareeiros.com
contacto@osareeiros.com
986672349
A Casa de Larache 
www.pazolarache.com
pazolarache@pazolarache.com
986673812
Casa do Americano
www.casadoamericano.com
info@casadoamericano.com
986708006
Casa do Fontán
www.casadofontan.com
rural@casadofontan.com
986762168
Casa rural O Bergando
www.obergando.com
obergando@obergando.es
627350022
Casa rural Os Carballos
www.oscarballos.com
oscarballos@oscarballos.es
606311960
Aloj. rural Veiga Mariña
www.veigamarina.com
info@veigamarina.com
986763127
Rectoral de Cobres
www.rectoral.com
info@rectoral.com
986673810
Apart. turísticos Cobres
www.cobresrural.com
info@cobresrural.com
658810102
Casa rural O Pozo
www.opozo.com
reservas@opozo.com
649423836
Hostal Tito
www.hostaltito.com
info@hostaltito.com
986752021
Xunta de Galicia Xunta de Galicia

Esta páxina web en galego recibiu unha axuda outorgada pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia