Clube Nautico Cobres

O Clube Náutico Cobres, somos un grupo de xente que traballa na promoción e práctica do deporte do piragüismo e a vela. A maioría somos voluntarios, e colaboramos na medida das nosas posibilidades, da mellor forma que sabemos.

O noso interese principal é que os veciños de Vilaboa e os que non o son, practiquen piragüismo e vela na nosa parroquia. Ademáis pretendemos que a xente que se achegue o noso clube poida contactar co medio natural e humán, o noso mar e a nosa xente. Tamén pretendemos que o noso pobo, Vilaboa, sexa coñecido por todos.

As nosas principais actividades son os cursos e adestramentos de piragua e vela. Ademáis tamén ofrecemos actividades escolares e de turismo náutico en colaboración coas casas de turismo rural de Vilaboa.

Xunta de Galicia Xunta de Galicia

Esta páxina web en galego recibiu unha axuda outorgada pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia