Estas breves leccións son un intento de achegar a navegación a todos aquiles que sentiron nalgun momento unha certa curiosidade por saber como se manexa un veleiro, o que é babor e o que é estribor ou como izar as velas.
Con este curso terá un resumo de alguns capítulos do temário para a obteción do título de "Curso de Patrón para navegación Básica", título que permite gobernar embarcacións de recreo de até 8 metros de eslora se son de vela e de até 6 metros se son de motor, coa poténcia de motor adecuada á mesma, na cal a embarcación non se alonxe mais de 4 millas, en calquer dirección dun abrigo ou praia accesibel.
Capítulo 2: Partes da embarcación
Comezaremos este curso polas partes que compoñen unha embarcación. Vexamos:
O aparello.
O aparello constitue a equipa impulsora das embarcacións de vela e está constituído por diversos elementos, como son:
A arboladura.
É o conxunto de paus e perchas dun barco que serven para suxeitar, colocar e orientar debidamente as velas. Estes paus están fabricados de distintos materiais.
Os paus.
Cada un dos mastros, colocados verticalmente no plano lonxitudinal dunha embarcación. Serven para soster as perchas (bicos, botavaras, tangons, etc) utilizadas para largar as velas, ou ben, as velas mesmas.

Pau maior: o de maior altura ou principal dunha embarcación.
Crucetas: pezas de madeira ou metal que se colocan horizontalmente a babor e estribor dos paus e a certa altura. A sua función é dar maior resisténcia ao pau, opendo-se á sua flexión e transmitindo o esforzo aos obenques.
Botavara: percha colocada en posición horizontal, que vai unida por un extremo, sobre o cual xira, á cara posterior do pau dunha embarcación. En ela se enverga ou engancha o borde inferior dunha velqa (pujamen), cuxo borde de proa (grátil) vai, á sua vez, unida ao pau.
Mediante un cabo unido á botavara (escota), pode esta mover-se e orientar asi a vela.
Tangón: percha que se engancha ao pau pola sua cara de proa e que serve para amurar un foque ou un balón.
Está constituída por todos os cabos e cables que forman parte do aparello dunha embarcación e que serven para suxeitar, suster ou mover as pezas da arboladura (paus, botavaras, bicos, etc) ou, directamente, as velas. Distingue-se entre "jarcia" firme e "jarcia" de labor.
Obenques: cabos ou cabeis que susteñen lateralmente os paus pasando, cando existen, as crucetas.
Estais: cabos ou cables que suxeitan longitudinalmente os paus, cara proa ou cara popa. O estai, própriamente dito, é o de proa. Para se referer ao de popa, acostuma empregar-se a voz inglesa "backstay".
Drizas: cabos utilizados para izar as velas, asi como bandeiras, gallardetes, etc.
Escotas: cabos utilizados para cazar e orientar as velas.
Braza: cabo asine ao extremo do tangón que, serve para o mover horizontalmente o redor do pau.
Amantiño: cabo que, tirando cara en riba, mantén horizontal ou coa inclinación que se desexe, botavaras, tangons ou outras perchas.
Contra: cabo ou aparello utilizado para tirar da botavara cara abaixo e impedir que se incline cara en riba, axudando asi a dar á vela a forma apropiada. Normalmente, fai-se asine ao pau.
Aparejo: recebe tamén este nome un sistema composto de cabos e roldanas que serve para multiplicar un esforzo.
Denomina-se vela á peza ou conxunto de pezas de tecido de fibras naturais ou artificiais que, suxeita a un pau ou a unha percha (ou a ambos), serve para receber o vento e proporcionar a forza de propulsión a unha embarcación.
Vela maior: vela principal dun barco, envergada no seu pau maior.
Foque: vela triangular colocada a proa do pau mais a proa dunha embarcación e envergada no estai.
Génova: foque de grande tamaño, utilizado príncipalmente en cruceiros de regatas.

Spinnaker: tamén chamado "balón", é unha vela de tecido moi fino, grande e embolsada, que se dá pola proa con ventos de popa ou de aleta, con axuda do tangón.

Partes da vela.
Baluma: lado de popa nunha vela triangular.
"Pujamen": parte ou lado inferior dunha vela.
Grátil: lado da vela pola que esta une ao pau, a unha percha, ao estai, etc. Acostuma ser o seu lado de proa.
Puños: ángulos ou bicos das velas, onde se fan firmes as escotas, drizas, etc.
Relingas: cabos cosidos nos lados das velas que serven para os reforzar ou guiá-los polas ranuras das perchas.
Sabres: taboiñas alongadas, de madeira ou fibra que, se introducen en fundas praticadas nas balumas das velas maiores, co fin de axudar a dar-lles forma.
Rizo: pedazo de cabo utilizado na manobra de ,tomar rizos, (diminuir a superfície das velas).
As velas constituen o mecanismo transformador de enerxia que permite que, a forza do vento se converta en forza de propulsión e faga avanzar a embarcación.
Presión e depresión: o empurre bélico.
Ainda que a simple vista poda semellá-lo , non é o empurre directo do vento sobre as velas o que xera a forza propulsora. En realidade, a técnica da vela consiste en orientar éstas de tal forma con relazón ao vento que produzan e lixeiro troco no seu dirección, de forma que este circule ao longo delas (sen producir turbuléncias).

A masa de ar, deslizando-se ao longo dunha vela cambada, produce un aumento de presión no seu lado convexo e unha succión ou depresión na cara oposta ou lado cóncavo. Como resultado de iso, en todos e cada un dos pontos dunha vela, producen-se pequenas forzas, perpendiculares a ela. Estas forzas poden considerar-se nunha só resultante, á que se denomina empurre vélico.

Vento real e vento aparente ou relativo.
O vento que recebe o barco se combina co seu movimento próprio, dando lugar ao que se chama vento aparente ou relativo, de distinto dirección e intensidade que o real e, que é o que receben, en realidade, as velas da embarcación.
Un barco pode navegar a vela en calquera dirección relativo en relación ao vento, excepto na que subpón dirixir a proa ao mesmo vento ou, mais ben, cara un sector de 90º, centrado no dirección do vento.
Barlovento: parte de onde ven o vento.
Sotavento: parte oposta a aquela de onde ven o vento.

Nesta unidade didáctica identificaremos as diferentes formas de navegar a vela en función do ángulo e do dirección do tempo co eixo do barco.
Amurado a estribor: receber unha embarcación o vento pola banda de Estribor.
Amurado a babor: receber unha embarcación o vento pola banda de Babor.

As formas de navegar a vela en relazón ao barco co vento son as seguintes:

Algunhas voces da navegación a vela son as seguintes:



nesta unidade didáctica explicamos-lle cada un dos movimentos que se realizan coas velas.
Cazar: entrar ou cobrar da escota dunha vela de forma que diminua o ángulo que ésta forme coa liña de crujía do barco.
Lascar: deixar solta escota-a dunha vela de maneira que ésta, pola forza do vento, poda aumentar o ángulo que forme coa liña de crujía do barco.

Portar: di-se que unha vela "porta" cando está correctamente orientada, de modo que aproveita a forza do vento.
Flamear: ondear unha vela. Ocorre cando non está correctamente orientada por non estar suficientemente cazada.

Tomar rizos: manobra que consiste en recoller parte da vela, suxeitando o recollido con cabos chamados "rizos".
Izar: subir unha vela ou bandeira tirando da sua driza.
Arriar: baixar as velas, soltando progresiva e uniformemente "filando" a driza que as suxeita.
Dar o aparello: izar as velas e colocar o aparello nas condicións oportunas para navegar.
Carregar o aparello: arriar ou recoller as velas.
Relingar: estirar unha das relingas dunha vela.
A virada pode efectuarse de duas formas. Segundo iso, a manobra recebe o nome de virada por avante ou virada por redondo.

Vexamos a continuación algunhas manobras básicas que podemos facer coas velas.
Trasluchar: é o momento en que, durante a virada por redondo, as velas mudan de banda, pasando a botavara polo eixo longitudinal do barco.
Acuartelar: apresentar ao vento a superfície dunha vela, levando o seu puño de escota a barlovento da liña de crujía.

Arrincar: ao cazar as velas o barco adquire velocidade. Un barco que está a navegar con certa velocidade se di que leva arrincada. Un barco que non leva arrincada está parado.
Deter a arrincada: navegando a vela existen varias formas de deter a arrincada:
Segundo a situación en que se atope a embarcación empregará unha forma ou outra, pero haberá que ter presente que unha embarcación a vela non pode deter-se , polo que sempre se deberá actuar con prudéncia.
Fondear a vela: unha vez eleito o ponto de fondeo, a manobra correcta debe ter por obxecto chegar a dito ponto co barco parado, polo que o mais adecuado é chegar proa ao vento.

Como en todas as manobras, as fases de ésta dependen do tempo do barco e das circunstancias de mar e vento. Non obstante, unha secuéncia normal pode ser a seguinte:
Levar a vela: partindo da base de que un barco fondeado permanece aproado ao vento, as fases da manobra poden ser:

Continuamos analisando as manobras que podemos facer coa vela.
Manobra do home á auga a vela.
Nunha embarcación na que navegas a vela, o perigo de que unha persoa caia á auga é maior, pois a manobrabilidade imediata do barco é menor, espécialmente se se vai navegando con ventos longos e leva-se moito aparello izado, incluindo "spinnakers" ou similares.

É importante sinalizar imediatamente e coa maior eficacia a persoa caída á auga.
Manobra de recollida.
