Clube Náutico Cobres

Actividades de Vela. Naútico cobres

Campionato-Escola de primaveira de Vela

Xa está en marcha o III Campionato-Escola de primaveira do Clube Naútico Cobres. O obxectivo deste campionato, segue sendo o mesmo que os anos anteriores, que os afeccionados, nenos e maiores, poidan disfrutar do deporte da vela, mellorando a súa técnica de navegación por medio da competición.

As regatas comezaron o pasado día 4 de setembro coas dúas primeiras mangas. A competición desenvolverase mediante eliminatoiras onde só irán pasando os mellores. Para os que esteades a seguir o campionato, estamos a escribir o diario de regatas, coa súa clasificación e publicando os mellores instantes nesta galeria de fotos.

O prezo do campionato é de 20 € para os socios e 30 € para os non socios, máis a licencia aparte.

O regulamento que estipula esta competición é o que está publicado nesta páxina.

Despois dos intensos e disputados campionatos de anos anteriores, dedidimonos a voltar a lanzar esta actividade. A competición, en anos anteriores, estivo moi animada, con moitas alternativas nas regatas e un nivel que foi crecendo de enfrentamento a enfrentamento, estando a clasificación moi apretada. Podedes consultar o diario de regatas do 1º ano 2º ano é onde deixamos rexistrado o que aconteceu en anos pasados no campionato. Nas galerías de fotos temos instantaneas dos momentos claves dos campionatos.

Para máis información podedes contactar co clube no noso correo ou no teléfono 610 013 133