Clube Náutico Cobres

Actividades de verán do Clube Náutico Cobres

Actividades de Piragüismo

I Ruta de kaiak de mar e sendeirismo

En colaboaración con Montañeiros de Pontevedra organizaremos un combinado de piragua ata a illa de San Simón- Cesantes e dende alí seguirase a pé á Peneda-Castelo de Soutomaior-Ponte Comboa no río Verdugo. Terá a saída dende as intalacións do Náutico o día 18 de Xullo a partir das 11 da mañá. Os interesados deberán inscribirse ata o 10 de xullo, indicando se precisan piragua e/ou trasporte dende Ponte Comboa.

III Concentración nocturna de Kaiak de mar

Coincidindo con lúa chea de xullo organizaremos unha saída nocturna o 26 de xullo a partir das 10 da noite. Os interesados deberán inscribirse ata o 20 de xullo, indicando se precisan piragua.

O material necesario para realizar a actividade, ademáis de piragua e chaleque, roupa comoda (mellor camisetas térmicas, bañadores, etc), luz frontal (para que nos vexan) e roupa para a ducha.

II Regata amistosa de benxamíns e alevíns

Tendo en conta as poucas regatas que teñen os alevíns e benxamíns decidimos organizar unha regata amistosa invitando ós clubs próximos. Terá lugar o sábado 3 de xullo a partir das 11:30 da mañá.

Cursiño de iniciación de piragüismo infantil

Curso de piragüismo para escolares os días 23, 24 e 25 de xuño a partir das 4:30 da tarde. Esta actividade terá un seguimento a través da ESCOLA INFANTIL (martes e xoves de 4:30 a 6:00). O cursiño é gratuíto e só é necesario saber nadar, traer unha foto, fotocopia do DNI e cubrir un formulario.

Cursiño de iniciación ó piragüismo (adultos)

Curso de iniciación ó piragüismo para adultos. Aqueles pais/nais, socios, etc. que estean interesados en coñecer os conceptos básicos do manexo dunha piragua poderán achegarse o club e participar nesta actividade que simultanearemos co cursiño infantil o xoves 24 e venres 25. Usaremos piraguas estables.

Actividades de Vela

III Campionato de vela lixeira

Durante o mes de agosto celebrarase o III campeonato de vela lixeira, terá o mesmo formato que en edicións anteriores, en forma de liga durante tres fins de semana. Os interesados poden inscribirse e reservar a súa plaza para usar as embarcacións do club.

Bautismo de mar adultos

Cursiño de iniciación de tres días de duración durante a primeira semana de agosto (días 4,5 e 6). O custe da actividade é de 30 € máis 8 € de licenza.

Escola de vela adultos

A escola de vela está en funcionamento dende Semana Santa os sábados pola tarde en horario de 4 a 7 da tarde. O custe da actividade é de 40 € máis 16 € de licenza.

Bautismo de mar infantil

Cursiño de iniciación de tres días de duración durante a primeira semana de xullo (días 1 e 2). O curso é gratuito para veciños e socios, 15 € máis 8 € de licenza.

Escola de vela infantil

A escola de vela infantil estará activa durante os meses de xullo e agosto en horario de 4 a 7 Luns e mercores. O custe da actividade é de 45 € para socios e veciños de Vilaboa, 60 € para o resto.