|
|
O Clube Náutico Cobres, somos un grupo de xente que traballa na promoción e práctica do deporte do piragüismo e a vela. Dende a sección de piragüismo pretendemos que a xente que se achegue o noso clube poida contactar co medio natural e humano, o noso mar e a nosa xente.
O turismo náutico é unha variedade do piragüismo que pode ser practicada por calquera persoa independentemente da súa idade ou condición física, o único requisito imprescindible é saber nadar.
O Turismo Náutico permite gozar desde unha perspectiva completamente distinta das fermosas paisaxes da nosa ria. A piragua permítenos chegar a sitios practicamente inaccesibles que doutra forma non seria posible.
A nosa proposta para acadar este obxectivo e a de ofertar a posibilidade de realizar unhas rutas a bordo dun kayak coñecendo a ría e así poder gozar de a actividade achegando este maravilloso deporte a todas as persoas interesadas en iniciarse no piragüismo ou que desexen gozar dun paseo pola ría, onde mestúrase a práctica deportiva co medio natural onde a realizamos as actividades.
Percorrido ria Pontevedra: Combarro - illa de Tambo.
O proximo día 26 de xuño organizamos unha saída en piragua de paseo pola ría de Pontevedra e visita a illa de Tambo para todas as persoas que queiran participar.
O inicio da saída será ás 10:30 horas desde as instalacións do club náutico para desprazarnos a Combarro donde embarcaremos para ollar os piornos desde o mar, posteriormente dirixiremonos á illa de Tambo para desembarcar e dar un paseo pola illa.
O prezo da actividade é de 12 € para os socios e de 20 € para non socios.
Dado a necesidade de tramitar os permisos é necesario realizar a inscrición antes do próximo día 23 de xuño, as prazas son limitadas e respectásese a orde de inscrición.
Os interesados na actividade enviar un correo a cncobres@gmail.com ou chamar o número de teléfono 610013133.
Foi unha gran xornada, onde tivemos a oportunidade de coñecer a historia do castelo e a riqueza botánica de seu xardín
O longo do ano organizanse excursions para descenso de ríos.
Percorrido hacia a illa de San Simón, bordeando a illa e facendo unha parada na praia de Cesantes
Percorrido hacia a Ponte de Rande
Percorrido hacia as Salinas de Ulló pra visitar os restos das antigas salinas
O DÍA 17 DE ABRIL FIXEMOS A RUTA DE RANDE CON VISITA A O MUSEO DE MEIRANDE, E TIVEMOS UN DÍA ESPECTACULAR. UNHA VEZ CHEGAMOS A O MUSEO REALIZAMOS UNHA VISITA GUIADA .